miércoles, 22 de septiembre de 2010

Convocatoria abierta para la presentación de experiencias educativas que impliquen al alumnado

Os presentamos esta convocatoria dirigida vía email a los Centros Educativos gallegos que quizá os pueda interesar. El texto está en gallego pero creemos que se comprende bien, de todas maneras, culaquier aclaración o duda la podeis insertar en la opción comentarios.

FORO MUNDIAL DE EDUCACIÓN, INVESTIGACIÓN E CULTURA DE PAZ

CONVOCATORIA ABERTA PARA A PRESENTACIÓN DE EXPERIENCIAS EDUCATIVAS QUE IMPLIQUEN O ALUMNADO


Estimado/a Profesor/a:

Entre o 10 e o 13 de decembro de 2010 vaise desenvolver en Santiago de Compostela un dos grandes eventos educativos do ano no eido internacional. Trátase do primeiro Foro Mundial de Educación (FME) temático –sobre Educación, Investigación e Cultura de Paz– que se celebra en Europa, un evento enmarcado no Foro 2010 (www.foro2010.org)

O Foro 2010 é un gran contedor de eventos e actividades a nivel mundial que xiran ao redor da Cultura da Paz en tres dimensións ben diferentes. A dimensión institucional xirará en torno a varias xuntanzas auspiciadas por Nacións Unidas (3-6 de decembro), entre membros do Grupo de Alto Nivel para a Alianza de Civilizacións, a Comisión de Premios Nobel da Paz e os coordinadores do Decenio da Cultura da Paz e a Non Violencia. A segunda dimensión será a académica, con tres congresos internacionais sobre Información e Dereitos Humanos (7 e 8 de decembro), sobre o Dereito Humano á Paz (9 e 10 de decembro) e sobre Memoria da guerra, Reconciliación e Cultura de Paz (días 14 e 15 de decembro).

Porén, o evento máis salientábel pertence á terceira e máis importante dimensión, a da sociedade civil. O Foro Mundial de Educación, Investigación e Cultura de Paz traerá a Galicia xentes de todo o mundo. Unha chea de integrantes dese gran movemento pola cidadanía planetaria e polo dereito universal á educación que comparten o espazo do FME.

Asemade, durante todo o mes, Compostela encherase de actividades culturais e artísticas en torno á mesma temática (fotoxornalismo, pintura, música, banda deseñada, cinema, etc.), e recibirá a visita da nova Directora Xeral da UNESCO, Irina Bokova, o día 9 de decembro.

Dende o Comité Organizador do Foro pensamos que un evento destas características non tería sentido sen a participación activa dos nenos e das nenas, dos alumnos e das alumnas, así como dos e das docentes que realizan esforzos a prol da educación para a paz en todos os seus eidos, pola convivencia e a interculturalidade. É por isto que no FME, alén do desenvolvemento de máis dun cento de actividades autoxestionadas por multitude de organizacións e movementos sociais de máis de 30 países, abrirase un espazo paralelo dedicado especialmente á presentación de experiencias educativas, tanto de educación formal como non formal, que impliquen a presenza da mocidade no meirande movemento en defensa da educación da historia, o Foro Mundial de Educación.

É, xa que logo, unha ocasión extraordinaria non só para transmitir as ditas experiencias, senón para compartilas con xentes de todo o planeta e para fomentar no alumnado ese necesario espírito crítico que enriquecerá sen dúbida ese currículum oculto tan necesario para camiñar cara un mundo máis xusto e solidario, un mundo no que impere a paz como cultura.

A presentación de experiencias educativas debe implicar a presenza de alumnado e terán como temática a da Cultura de Paz en senso amplo (Educación para a Paz e os Dereitos Humanos, convivencia escolar, mediación, interculturalidade, igualdade entre homes e mulleres, educación ambiental, cidadanía, cooperación, solidariedade....)

Se estades dispostos a participar deste movemento mundial pola educación, podedes presentar as vosas propostas cubrindo os datos embaixo indicados e enviándoos a info@foro2010.org. Tamén podedes enviar os datos mediante un formulario na web do Foro: http://www.foro2010.org

Ao tratarse o FME dun evento autoxestionado e autoorganizado pola sociedade civil, que procura os seus propios recursos na medida do posíbel, o Comité Organizador estableceu que para a presentación destas actividades exista unha taxa solidaria, de só 20 euros, que corresponde á colaboración cun bono solidario e se destinará exclusivamente a unha caixa de solidariedade para financiar a visita a Compostela de habitantes do Sur xeopolítico.

O prazo de presentación de propostas rematará o 10 de outubro de 2010.


TODA A INFORMACIÓN SOBRE O FORO 2010

http://www.foro2010.org/

GUÍA SOBRE O FORO MUNDIAL DE EDUCACIÓN, INVESTIGACIÓN E CULTURA DE PAZ http://www.foro2010.org/images/materiais/fme_guia.pdf

MANUAL DE USO DO FORO 2010

http://www.foro2010.org/images/materiais/foro2010_guia_gal.pdf

Reciban un cordial saúdo



No hay comentarios:

Centros ganadores del XIII Premio Nacional de Educación para el Desarrollo «Vicente Ferrer»

El  Premio Nacional de Educación para el Desarrollo «Vicente Ferrer»  tiene por objeto premiar experiencias educativas, proyectos o propuest...